Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
Purchasable with gift card
€1EUR or more
lyrics
Un disparo cruzou a avenida e rouboume o rostro,
quedei coma unha besta ferida a mercé dos lobos
e hai mil alfinetes que se me cravan nos ollos,
hai figuras que piden que fuxa e que desapareza.
Agora os vellos ollan para min mesturando mágoa e noxo
e os nenos quedan alí bisbando os uns cos outros.
Son tan diferente que tería que doerlles verme,
son un espécime raro case en extinción.
Eles ven o meu reflexo, a imaxe coa que me mostro,
e a súa cara no espello é a carauta deste entroido.
Eles seguen agochados no seu baile de disfraces,
coas súas máscaras bailando ao son da orquestra dos covardes.
Quen lles diría a eles que eu pertencía ao seu mundo?
Non lles dixeron que reneguei do seu camiño e do seu rumbo?
Son un exconvicto que fuxe deles dando tumbos,
son un asasino da tradición occidental.
Eles ven o meu reflexo, a imaxe coa que me mostro,
e a súa cara no espello é a carauta deste entroido.
eles seguen agochados no seu baile de disfraces,
coas súas máscaras bailando ao son da orquestra dos covardes.
credits
released March 23, 2024
Letra e música: Miguel Alonso
Instrumentación, produción, gravación e mestura: Miguel Alonso
Masterizado en Abrigueiro (Friol) por Arturo Vaquero